Vigo al minuto

Caballero anuncia a conxelación po prezo do Vitrasa

Abel Vitrasa/Tresyuno ComunicaciónO Vitrasa non subirá. O alcalde anunciou hoxe que o billete do bus urbano para 2011manterá o prezo actual e rebaixarase un céntimo nas tarxetas verdes restantes. Segundo explicou Caballero, “estamos nunha crise moi dura” ante a que o Concello ten que facer un “gran esforzo” para a cidadanía. Esta baixada suporá un gasto aproximado de medio millón de euros para as arcas municipais que procederá dun “reaxuste” nas contas para o próximo ano. O Concello xa sufraga este transporte con sobre 10 millóns de euros anuais.

O contrato con Vitrasa estipula unha subida dos prezos do autobús para 2011 de tres céntimos, elo suporía que o billete ordinario pasaría a custar 1,20 euros, algo que xa non se producirá.  “Creo que esta cidade debe continuar nos próximos anos reducindo o prezo do transporte público“, asegurou o alcalde, e avanzou que o goberno local fará público próximamente novas melloras relativas ao transporte público do municipio.

Dacordo con este anuncio, o prezo do billete ordinario do autobús urbano para 2011 será de 1,17 €, a mesma cantidade que en 2010, e o bono universitario manterase en 0,59 céntimos. O contrato deixábao en 1,20 e 0,60 € respectivamente.

También te puede interesar