Galicia

24.000 galegos din non a xubilarse aos 67 anos

Unhas das últimas manifestacións polas reformas laborais en España.
Unhas das últimas manifestacións polas reformas laborais en España.

Galicia sumouse á convocatoria xeral de CCOO e UGT para saír á rúa e protestar pola nova medida laboral do Goberno de José Luis Zapatero, que pretende elevar a idade de xubilación ata os 67 anos. Unhas 24.000 personas en toda a comunidade, a metade delas en Vigo, quixeron mostrar o seu rexeitamento a esta medida e reclamar a recuperación de dereitos sociais reforzando os sistemas de protección social.

Os sindicatos ameazan cunha nova folga xeral despois de que o novo decreto inclúa a conxelación das pensións o vindeiro ano ao tempo que piden que se impulse a creación de emprego a través do cambio do modelo produtivo no que a negociación colectiva teña un peso importante.

También te puede interesar