RGPD - Cookies
Vigo al día

O alcalde inaugura a rúa Espedrigada ao son do acordeón

1292507496espedrigadaCase 350.000 € para cambiar o aspecto, canalización, abastecemento, beirarúas e xardiñeiras. Iso é o que custou a humanización da rúa Espedrigada, segundo asegurou hoxe o alcalde no acto de inauguración. Abel Caballero, que ese a estar acompañado da concelleira de Vías e Obras, da sùa xefa de prensa ou da senadora Carmela Silva, e de ter a dous acordeonistas amenizando o acto, non se arracou con ningún baile, afirmou que a reforma alongouse durante o medio quilómetro de lonxitude da mesma, incluíndo a instalación de 24 novos puntos de luz a pavimentación e a construción da “demandada” beirarrúa.

O alcalde subliñou asemade as actuacións municipais executadas no entorno de Balaídos, onde “nos últimos anos investíronse máis de 12 millóns de euros na humanización da Avenida de Castrelos e Florida, Balaídos e Portanet, Val Miñor, Espedrigada e Eugenio Kraff”.

También te puede interesar