Comarcas Galicia

A solución ao aparcamento está baixo terra

Múltiples queixas, solicitudes e peticións dos cidadáns deron pé a que por fin o concello de Redondela vira o problema de aparcamento que ten a vila e propuxera a construción dun segundo aparcamento soterrado no casco urbán co que se remodelaría de xeito integral a Praza de Ponteareas. Meses despois da proposta e tras ver que non se ten dado ningún paso para pór en marcha o proxecto, o PP de Redondela reitera a necesidade de solucionar os problemas de aparcamento que hai no casco urbán «para mal de todos os veciños e, sobre todo, para detrimento dos comerciantes», explicou Javier Bas, candidato popular á alcaldía.

O Partido Popular redondelán recorda que a remodelación da praza xa aparecía no programa electoral socialista no ano 2003, o que «semella que sete anos é tempo dabondo para tela rematada xa; trátase dunha mostra máis de promesas incumpridas». Así que os populares farán un seguimento das novas propostas do Goberno municipal feitas hai xa 6 meses para ver se cumpren.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.