Vigo al minuto

O alcalde quere que a estrada á Ramallosa pase a ser unha rúa de Vigo

Alcalde/Tresyuno ComunicaciónAbel Caballero salientou hoxe en declaracións aos xornalistas,  que reclamará para o Concello todas as competencias que teñan que ver coa atención aos cidadáns e sinalou que e este tramo da PO-325 “xa é unha rúa viguesa” pois conta na actualidade con servizos que presta o municipio como a limpeza ou o transporte público”.

Porén, Caballero pediu á Xunta a transferencia, “eso sí, en condicións axeitadas” e “cos recursos necesarios para que continuemos co seu mantemento” e lembrou que “estamos na tramitación” co Ministerio de Fomento para a cesión da titularidade ao Concello do tramo vigués da Avenida de Madrid desde Puxeiros ata a Praza de España. O alcalde explicou que o seu obxectivo é poder atender todas as rúas de Vigo por igual.

O rexedor amosou a súa “estrañeza” pola nova feita pública pola Xunta anunciando o traspaso deste vial á Deputación de Pontevedra e indicou que o goberno local non ten coñecemento algún deste feito o cal calificou de moi grave.

También te puede interesar