Galicia

Xa podes poñerle o nome que queiras ao novo auditorio de Vigo

Auditorio/Tresyuno ComunicaciónSe queres ponerlle o nome ao novo Auditorio está é a túa oportunidade. A páxina web do Concello abriu hoxe un buzón virtual de suxerencias para nomealo. E que este alcalde, tan campechino, como xa fixera coa cor dos semáforos, quere coñecer as alternativas propostas polos veciños para bautizar o novo edificio, nomes que serán manexados polo xurado e dos que sairá a denominación definitiva.

Aqueles interesados en remitir a súa proposta deben visitar a páxina web municipal www.vigo.org e acceder á sección «Nome do Auditorio» dentro do apartado de Alcaldía. Alí, unicamente deixando unha dirección de correo electrónico, é posible presentar a súa opción e algunha xustificación do nome.

Hai días, vigoalminuto, nos seus dous muros de Fecebook, vigoalminuto e redaccion de vigoalminuto, fixo a mesma pregunta e, naquela ocasión, os nomes elididos polos nosos lectores abranguían dende Leri á Bella Otero, pasando por Auditorio Beiramar, Martín Códax, Julio Fernández Gayoso ou Mar da Ría.

Nembargantes, hai dias que Abel Caballero amosou a súa preferencia porque o mesmo levase o nome dunha muller “xa que hai moi poucos monumentos, rúa, prazas e parques que recoñezan o bo facer das grandes viguesas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.