Deportes Vigo al minuto

600 deportistas, a maior canteira do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia

A foto de grupo do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia.
A foto de grupo do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia.

É un feito: o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia conta coa maior canteira da cidade. Uns 6o0 deportistas déronse cita no Pavillón Municipal de Navia nunha presentación oficial na que se aglutinaron os preto de 300 baloncestistas federados e os preto de 250 das Escolas Deportivas e constituíndo a mellor canteira deportiva da cidade e unha das máis completas de Galicia.

Coas bancadas repletas de familiares, amigos, patrocinadores e colaboradores, o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia pechou o acto de presentación oficial da tempada 2010/11 cunha gran foto de grupo con tódolos deportistas, monitores e adestradores que conforman esta gran familia que é o Seis do Nadal, que ano tras ano segue medrando e conseguindo cifras históricas a nivel deportivo e estrutural.

También te puede interesar