Abel Caballero, anunciou este venres que o Concello porá a 50 traballadores municipais para acondicionar os espazos entre os edificios de Navia, propiedade da Xunta, e que atópanse actualmente en estado de “abandono“.O alcalde denunciou que esta “gran zona de expansión da cidade” está desatendida polo goberno autonómico, quen ten a obriga de arranxar os espazos e cedelos ao Concello para o seu mantemento. O goberno local leva un ano reclamando o cumprimento desta “obrigación” á Xunta porque a veciñanza de Navia, preto de 15.000 persoas, está no seu dereito a telas “ben arranxadas“.A través do programa de emprego municipal UTIL, medio centenar de traballadores humanizarán estes espazos con zonas verdes e parques infantís, cun “deseño notable“, sen “reparar en gastos“ para deixalo “como debe estar“. “Pasarémoslle a factura á Xunta”, adiantou Caballero ao ser competencia do goberno galego, e
