RGPD - Cookies
Cultura Vigo al día

Se queres sobrevivir ao Nadal, deixa aos nenos nun campamento

children

O Concello organizará dous campamentos de Nadal, destinados a rapaces e rapazas, que se desenvolverán na Casa das Mulleres e no museo Ver bum e que teñen por obxectivo ofrecer actividades de lecer aos cativos e cativas que sexan medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

O campamento do Verbum está centrado na figura tradicional galega do Apalpador. Desenvolverase a partir do conto «Antón e o Apalpador», de Manuel Castro Lima e Mar Ameixeiras Sánchez, e terá lugar do 23 ao 31 de decembro e do 3 ao 5 de xaneiro, de 07.45 a 15.15 horas, con servizo de friameira de 14 a 15 horas. Está destinado a rapaces e rapazas de 3 a 8 anos.

O prezo deste campamento é de 40 euros e a inscrición pódese facer na Casa da Xuventude ata cubrir as prazas. É preciso cubrir unha ficha, presentar unha fotocopida do documento de identidade do pai, nai ou representante legal, o volante de empadroamento, unha fotografía tamaño carné do menor, unha fotocopia da súa tarxeta sanitaria e unha copia do xustificante de pagamento.

O campamento da Casa das Mulleres será do 27 ao 29 de decembro, na primeira quenda, e de 3 ao 5 de xaneiro, na segunda. Está dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos e terá un horario de 9 a 14 horas con servizo de aula matinal de 8 a 9 horas.

Esta iniciativa é gratuíta e a inscrición pódese facer dende o 13 de decembro ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade en horario de 8 a 15 horas. É preciso presentar a ficha de inscrición, a fotocopia compulsada do libro de familia, o volante de empadroamento do menor e a fotocopia da súa tarxeta sanitaria.

También te puede interesar