_agenda Agenda

Oito produtoras galegas lánzanse ao novo mundo en Brasil

Unha delegación de 8 produtoras e discográficas galegas participarán na Feira Internacional de Música de Brasil, o encontro máis importante para a difusión musical de toda América Latina que este ano se celebra en Belo Horizonte, capital do estado de Minas Gerais. A música galega estará presente neste certame mediante a misión comercial emprendida polos xerentes das empresas Ouvirmos, Esmerarte, A Central Folque, Berrogüetto Producións, Falcatruada, Keltia, Nalgures e Nordesía.

No encontro distrubuirase material promocional e discos baixo a marca Galiciantunes, a enseña común utilizada por institucións públicas e empresas privadas galegas para a difusión no exterior da música producida actualmente en Galicia. Pero, ademais, Joaquín Martínez Silva, presidente de AGEM, participará ademais o 9 de decembro na mesa redonda ‘Negocios Internacionais de Música’.

Xa o ano pasado algunhas compañías e grupos galegos chegaron a un acordo de cooperación con grupos mineiro na World Music Expo de Copenhague para a promoción musical entre Agadic e a Secretaría de Estado de Cultura de Minas Gerais. Froito dese acordo, os cantantes brasileiros Kiko Klaus e Érika Machado actuaron o pasado 26 de novembro en Pontevedra no marco do Culturgal, a feira das industrias culturais, á que tamén viaxou unha representación comercial brasileira.

Na vindeira semana, as prioridades desta primeira incursión conxunta da industria musical de Galicia na FMB é promover o traballo das distribuidoras galegas como ponte para os artistas e grupos brasileiros cara á súa introdución no mercado europeo, así como impulsar a proxección da música galega en Brasil e, por extensión, no resto de América do Sur.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.