_agenda Agenda

Os contos de inverno toman Libros para Soñar

Decembro será un mes xélido, tamén en Libros para Soñar. A librería arranca esta tarde (18:30 horas) o programa de decembro cunha sesión de contacontos adicada aos libros ambientados no inverno. Historias que falan de tempo frío, nevaradas e prendas de abrigo, como ‘Pegadas xigantes’, ‘Ovelliña dáme la’ e ‘Renato’, editados por Kalandraka, ou ‘Pequechos das terras polares’. Contos pensados para os primeiros lectores cunha vistosa proposta estética e numerosos premios as súas espaldas.

Pero non é a única actividade da librería. O vindeiro 13 de decembro comeza a impartirse un novo curso de iniciación ao teatro-foro cunha metodoloxía que converte aos espectadores en protagonistas activos da acción dramática, estimulando a reflexión.

También te puede interesar