Vigo al minuto

O Concello alugará os 38 pisos que protección oficial que lle corresponden en Navia

ChavesO alcalde fixo entrega das licenzas de primeira ocupación das 192 vivendas de protección que promove a Federación de Veciños «Eduardo Chao» en Navia.  Abel Caballero indicou que nas últimas semanas o Concello deu autorizacións a 720 pisos protexidos na cidade, sumados os que promove o sindicato UGT, os do Instituto Galego de Vivenda e Solo e os da Federación Veciñal; «720 vivendas libres de especulación».

Xunto ás 720 vivendas, o alcalde  indicou que o Concello recibiu definitivamente as obras de urbanización da segunda fase de Roteas, 47 vivendas de promoción pública que están «a punto» de obter licenza de primeira ocupación.

Caballero asegurou que o goberno local traballa para resolver os problemas restantes nas vivendas de Barreiro promovidas pola FAVEC. Os propietarios acordaron con FENOSA e o Concello está a solventar un problema cun transformador; dificultades ambas que causaron que «100 vivendas que innecesariamente tiveron que sufrir unha etapa difícil debido á ausencia de subministro eléctrico«.

O alcalde anunciou que o Concello porá en aluguer en réxime de protección a gran maioría das 38 vivendas de promoción autonómica en Navia que lle corresponde á administración municipal.  Segundo explicou, algúns destes pisos serán destinados a realoxos e o resto serán dispostos polo goberno local para dar resposta á «moita demanda» existente de aluguer en Vigo, en particular entre a xuventude. Caballero avanzou que realizarase unha lista de demandantes para proceder ao concurso das vivendas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.