_agenda Agenda

Violín e violonchelo camiñan da man no auditorio

O seu folk celta do violín e do violonchelo encherán esta tarde (20:30 horas) o Auditorio Municipal. Os músicos Alasdair Fraser e Natalie Haas chegan para ofrecer un dúo que dende 2004 está colleitando éxitos de seguido e ofrecendo directos por todo o mundo nos que exploran ao mesmo tempo o son máis tradicional e as novas posibilidades da fusión destes dous instrumentos.

A parella presentará o seu último disco, ‘In the moment’. Detrás atópase a longa traxectoria musical de Fraser, que toca o violín dende os 8 anos e converteuse no violinista escocés máis internacional e nunha referencia do folk celta. Un recoñecemento internacional que lle ven como intérprete, artista discográfico e profesor da rica tradición violinística de Escocia.

También te puede interesar