Galicia

O 75% do orzamento xa ‘pedido’ para ter un coche máis verde

Os galegos apúntanse a ter un coche máis verde. O Plan de Vehículos Eficientes 2010 que a Xunta outorga a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) xa ten 167 solicitudes, 165 para adquisicións de vehículos híbridos e 2 transformacións a GLP, o que supón un importe de 390.300 euros e o 76,5% do orzamento destinado para a potenciación da eficiencia enerxética no sector dos medios de transporte.

A Xunta prevé que ao final do prazo haberá unhas 245 solicitudes entre adquisicións e transformacións que se desenvolverán nos 2o talleres ou concesionarios que participan na campaña. Un plan que trata de potenciar a renovación e modernización do parque automobilístico galego mediante a concesión de axudas para a compra de vehículos novos menos contaminantes ou transformacións, ademais de promoverse a diversificación enerxética para reducir así a dependencia do petróleo.

As axudas para os vehículos turismos híbridos enchufables, eléctricos puros, de combustión directa de hidróxeno ou de pilas de combustible o importe máximo da axuda por vehículo poderá alcanzar os 7.000 euros; 2.300 para os vehículos turismos híbridos Full Hybrid e de 2.000 euros para os vehículos turismos Mild Hybrid.

No caso dos vehículos novos ou transformados nun prazo inferior a 3 meses desde a súa primeira matriculación alimentados por gas natural e GLP, o importe máximo do vehículo é de 1.200 euros, e para transformacións a GLP, o máximo é de 450 euros. Por último, a compra de motocicletas eléctricas puras, híbridas, de hidróxeno ou pila de combustible incentívase cun importe máximo de 750 euros. En todo caso a contía máxima da subvención será do 15% do prezo do vehículo no mercado, entendendo por este o prezo final de compra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.