Duvi/ Carballo haritz, bolboreta tximeleta… ata agora había dicionarios galegos de inglés, francés, de italiano, español… pero non de éuscaro. Desde hoxe a lingua galega dispón xa tamén dun dicionario galego-éuscaro e éuscaro-galego, un manual no que se recollen arredor de 5.000 entradas e outras tantas frases feitas e expresións típicas que permitirá a galegos e vascos “entendernos mellor e traducirnos mellor sen peaxes nin peneiras doutras linguas”. O autor, Isaac Fernández, o único tradutor e intérprete directo de éuscaro a galego.
Moi sinxelo de manexar e con apéndices nos dous idiomas, o volume está enfocado a axudar as persoas que por primeira vez se queren achegar a calquera destas linguas e pon de relevo, como sinalaba o autor que o éuscaro “sendo como é unha lingua illada, lexicamente é unha lingua moi románica, atopando incluso palabras que se din igual en ambos idiomas, caso, por exemplo, da palabra balea”.