Destacados Vigo al minuto

Limpadores dos colexios péchanse no Concello para pedir melloras laborais

Unha forte presenza policial para controlar aos traballadores.
Unha forte presenza policial para controlar aos traballadores.

Pechados no Concello para pedir melloras laborais. Así permanecen un cento de traballadores do servizo de limpeza dos colexios públicos de Vigo, que buscan unha solución ao conflito orixinado coa empresa Linorsa. Para iso presentáronse a media mañá ás portas do despacho do alcalde de Vigo, Abel Caballero, berrando consignas, facendo pitar asubíos e reclamando a dimisión da concelleira de Educación, Laura López.

A pesar de ser recibidos polo concelleiro de Promoción Económica, a resposta a súa situación non convenceu: pediu unha semana máis para tratar o asunto. Mentras, os traballadores manteñen o seu encerro ata conseguir cambiar o principal escollo das negociacións: ampliar o horario de traballo e comezar antes das 18 hroas cada día para incrementar a xornada laboral e ter unha mellor base reguladora de cara á xubilación. Este encerro vai acompañado dunha folga indefinida de limpeza nos centros públicos.

También te puede interesar