Galicia Vigo al minuto

O Gran Burato terá un bis

O equipo que participou na expedición do Gran Burato no Sarmiento de Gamboa.
O equipo que participou na expedición do Gran Burato no Sarmiento de Gamboa.

Aínda non están listos os informes cos resultados da primeira expedición, pero Consellería de Industria e Universidade xa está pensando na segunda fase da misión do Gran Burato, cun área de estudo cinco ou seis veces maior e na que se cuantificará dunha maneira moito máis precisa as posibilidades de iniciar unha terceira etapa na que xa participaría un buque sísmico de prospección petroleiro. Con cautela, o conselleiro Javier Guerra non puido evitar dar unha valoración moi positiva dos datos obtidos nesta primeira viaxe na que se encontraron indicios razoables de que «se vai polo bo camiño».

A pesar de comprobar que hai mobilizacións e escapes de gas en puntos diferentes e novos buratos, caso do xa bautizado como a Orella, tamén se atoparon cousas moi peculiares, como que esté recheo de sedimentos nos que tamén aparecen indicios significativos de gas que indica escapes anteriores

Con respecto á posible explotación deste recurso, o conselleiro subliñou que o gas é unha das apostas da consellería para esta lexislatura, xa que podería dotar de estabilidade o mapa enerxético galego, “tendo en conta que as renovables non se poden controlar”. Na mesma liña, explicou que hai outras zonas onde se está extraendo gas a estas profundidades, se ben non se trata dun tema exento de dificultades, a maior parte delas relacionadas coas infraestruturas que se requiren en terra. De todas maneiras subliñou que de demostrarse a presenza de bolsas de gas importantes habería que formular as infraestruturas precisas “porque estariamos a falar de algo cun interese estratéxico importantísimo para Galicia”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.