Cultura Vigo al minuto

Visitas nocturnas e maratón de cine para festexar os seus 8 anos de vida

marco-aniversarioO Marco está de aniversario e quere festexalo por todo o alto. Será esta fin de semana e, para que nin maiores nin nenos queden sen opcións, durante os días 12, 13 e 14 de novembro haberá actividades para todos os públicos cun horario máis que amplo: o museo estará aberto de madrugada, desde as 11 horas da mañá do sábado ata altas horas da madrugada do domingo para voltar a abrir ás 11 horas ata as 21 horas.

Entre as actividades, ‘A noite de Virxilio Vieitez’, unha visita guiada pola filla do fotógrafo, Keta Vieitez, a partir das 00 horas do sábado para revisar unha mostra que se celebra so dous anos despois da morte do artista e coincidindo co que sería o seu octoxésimo aniversario. Entre as mostras tamén se poderá visitar a obra Pattern Panóptico de Almudena Fernández Fariña e concebida especificamente para a ocasión cunha pintura fóra do formato pechado do cadro, unha pintura que busca o diálogo co contexto, que intenta ser cómplice da especificidade do lugar. A autora dará unha charla o sábado ás 12 horas sobre a obra.

Se estas actividades non están feitas a túa medida, quizáis prefiras participar en ‘A miña foto favorita’, na que o público terá que elexir unha das fotografías da exposición de Virxilio Vieitez e falar dela á vista do público durante un máximo de 15 minutos. O tema da charla (sábado e domingo de 17 a 21 horas) poderá estar relacionado con calquera aspecto da imaxe, desde unha lembranza ata un obxecto presente na foto. Haberá que inscribirse ata o venres 12 de novembro na taquilla do Marco, por teléfono ou vía e-mail.

O venres ás 20 horas chega ‘Érase una vez un surco’, do SinsalAudio, unha sesión musical con proxeccións sobre a historia do rexistro sonoro feita por Julio Gómez e Luis Campos. Vintecatro horas despois, o sábado ás 20 horas, relacionada coa Semana da Ciencia 2010, levaráse a cabo ‘Graffiti dixital‘ na fachada do Marco que consistirá na realización de graffiti con lapis óptico sobre a fachada principal, nunha acción aberta á participación do público que queira experimentar con esta nova tecnoloxía. Outra proposta interactiva na que o espazo non é o que parece será ‘Warning! This bag is not a toy’ [Atención! Esta bolsa non é un xoguete], que chegará o sábado ás 23:30 horas.

Tamén o sábado, dende as 23 ata as 04 horas da madrugada, o Marco restaurante&café soará a psicodelia e rock agresivo de Unicornibot e o rock alternativo de Cró!. Xa para todas as familias haberá obradoiros tanto o sábado como o domingo (de 12 a 14 e de 17 a 20 horas) cunha adaptación da mostra de Vieitez. A Maratón ArtFutura 2010 chega con ‘We live in public’ cun intenso programa venres, sábado e domingo e, se o prefires, podes visitar o Marco na compaña de monitores de sala.

Queda algo por ofrecerche?

También te puede interesar