Destacados Vigo al minuto

Estudando gañamos todos

Pon o teu graniño de area estudando.
Pon o teu graniño de area estudando.

Duvi/ A educación asegura o futuro das novas xeracións, ben formados converteranse nos futuros profesionais que levarán nuns anos as rendas das súas sociedades. Así, para os países en vías de desenvolvemento a educación dos seus mozos representa a mellor vía para o crecemento. Esta teoría alcanza unha nova dimensión coa Olimpíada Solidaria, na que as horas de estudo dos estudantes da Universidade de Vigo se converten en euros para axudar a países como Angola, Camerún, Ecuador e Haití. Con urnas na Biblioteca Central do campus de Vigo e na de Torrecedeira e en Ourense, nas salas de estudo do Edificio de Ferro e do Edificio Politécnico así como na Biblioteca Central do campus, o tempo de estudo contabilízase dende o pasado venres e ata o vindeiro 5 de novembro.

Trátase dunha iniciativa das oficinas de Voluntariado da Universidade en colaboración coa ONG Coopera, que desenvolve esta iniciativa por toda España para recadar fondos para proxectos educativos e axuda ao desenvolvemento destinados a mozos do cono sur e centrados na educación e a formación e capacitación profesional. Por cada hora de estudo nestas bibliotecas as empresas colaboradoras cederán un euro, para o que os usuarios unicamente deben deixar constancia das horas que estarán estudando e reciben billetes ficticios que se depositan nunha urna.

Unha iniciativa solidaria a través da educación

Esta iniciativa xorde da ONG Coopera en 2003 e, neste tempo, fóronse adherindo entidades, patrocinadores e países. Na edición do ano pasado, a sétima, eran xa 14 países participando e sumáronse entre todos un total de 431 salas solidarias, 34.986 participantes e 312.729 horas de estudo. O resultado dese esforzo fíxose realidade nos proxectos postos en marcha en Angola, Burundi e Niteroi (Río de Xaneiro), grazas a esas horas/euros.

En concreto, o recadado en España nesta edición irá destinado á rehabilitación de catro escolas en Haití e apoio físico e psicolóxico para a reinserción escolar de 4832 nenos tras a catástrofe do terremoto e as dificultades posteriores para reconstruír o país, ao que se lle une agora o cólera e as tormentas que asolan o territorio. Outros países destinarán a recadación a outros proxectos noutros lugares.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.