Comarcas

A estación das Neves estará como nova cunha inversión de 192.000 euros

estacion

Accesibilidade, iluminación e infraestructuras. Adif invertirá preto de 192.000 euros para mellorar a estación de ferrocarril das Neves e adecuala aos novos tempos. O primeiro paso será elevar a altura dos andéns ata os 68 centímetros para adecualo ás dimensións dos trens que circulan na actualidade e facilitar así a subida e baixada dos pasaxeiros. Para mellorar a accesibilidade para discapacitados instalará ademais bandas de proximinade con baldosas con resalte cilíndrico.

Despois colocarase unha capa de formigón branco con tratamento de cuarzo antideslizante, mellorarase a iluminación e poranse rampas de acceso con barandillas e pasamáns adaptados. Outro dos aspectos que se tratará será a reparación da cuberta, a sustitución de canalóns, a rehabilitación do vestíbulo e a limpeza das fachadas.

También te puede interesar