
O alcalde ordeou a paralización parcial da humanización de Celso Emilio Ferreiro -na metade baixa da rúa- ao atoparse restos arqueolóxicos romanos no subsolo.
O Concello adopta esta decisión ata que os arqueólogos municipais cataloguen o que parecen ser partes de ánforas romanas. As catas comezaron o pasado mércores e o alcalde anunciou que a humanización adaptarase aos vestixios romanos recén atopados.
Abel Caballero asegurou, logo de falar coa directora arqueolóxica da excavación, Eva Albaladejo, que os primeiros datos apuntan a que trátase dun «xacemento de gran riqueza arqueolóxica», feito polo que felicitouse pois «enriquece o patrimonio arqueolóxico da cidade de Vigo«. O alcalde concluiu que o goberno local xa está estudando os posibles plantexamentos de futuro para esta rúa, a expensas da catalogación dos vestixios atopados.
