Galicia

Alcaldes da zona de Vigo propoñen un Área Metropolitana de 14 concellos e sen competencia da Deputación

Área MetropolitanaAbel Caballero ten unha idea para o Área Metropolitana. Hoxe, o alcalde, presentou o proxecto de lei de Área Metropolitana que abrangue os concellos de Baiona, Nigrán, Gondomar, Fornelos de Montes, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño.

Na presentación, na que estivo acompañado polos alcaldes de Nigrán, Fornelos, Redondela, concelleiros de concellos coma Mos, entre outros, Caballero defendeu o texto coma un proxecto «viable, financiable e adaptado á realidade«.

Caballero sintetizou a esencia do proxecto na «eficacia e a eficiencia«, tanto na prestación de servizos aos cidadáns da area, preto de 500.000 habitantes, coma no goberno colectivo. Tal e como sinalou Caballero a través da Área Metropolitana os cidadáns verán mellorada a calidade de vida, acadarán un mellor goberno colectivo e dará resposta a problemas coma os
«coordinación de ordenación de territorio, de transporte ou de planificación de infraestruturas«, entre outros.

Outros dos argumentos esgrimidos para que o proxecto saia adiante son «a suficiencia financeira, a necesidade de proximidade da administracións aos administrados, a eliminación da burocracia e o fin da duplicidade das administracións«.

Respecto a composición proposta Caballero explicou que, se ben o proxecto

abrangue inicialmente 14 municipios, existe a posibilidade de integración inmediata dos restantes municipios da zona.

Competencias
O proxecto de lei prevé o máximo teito competencial superando «folgadamente» as competencias propostas polo proxecto do ano 2005 ou as xa existentes na Área Metropolitana de Barcelona. Estas competencias son Transporte e Mobilidade, augas, residuos, promoción económica e emprego, turismo, concellos en rede, servizos sociais, medioambiente, promoción e aproveitamento de enerxías alternativas, ordenación do territorio, planificación de infraestruturas, dotacións e equipamentos, prevención e extinción de incendios e coordinación da Policía Local e Salvamento e Protección Civil.

Abel Caballero asegurou que o financiamento parte do principio «irrenunciable» de non ter «ningún custo adicional para os cidadáns da área metropolitana«. Así incidiu en que este é un proxecto «economicamente sustanciado e con capacidade de financiamento sen incremento de impostos e da presión fiscal» sobre os cidadáns que integran esta área metropolitana.

A forma de financiamento pasaría polas achegas de cada un dos concellos que a compoñen, polas achegas da Deputación Provincial «a través dun sistema que significa a entrada nesas competencias desta área e a retirada da Deputación«. A elo sumaríanse os fondos provenientes da Xunta, «coma consecuencia do traspaso de competencias á Área Metropolitana«.

E ademáis: Este é o proxecto de ley. Composición do Consello Metropolitano

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.