Comarcas Deportes

Mos pedalexa con moito corazón

O gañador do Tour 2006 foi o encargado de presentar a carreira.
O gañador do Tour 2006 foi o encargado de presentar a carreira.

Terceira edición e terceiro ano que irá en beneficio íntegro da Asociación de Diminuídos Fïsicos e Psíquicos de Mos. O vindeiro 20 de novembro correrase a III Carreira Benéfica Óscar Pereiro, unha proba aberta a todo o mundo que sairá ás 16:30 hroas do propio pavillón Óscar Pereiro e que estivo arropada na súa presentación por deportistas como Iván Raña (campión do mundo de Triatlón), Julia Vaquero (campiona de Europa de Cross), Roberto Lago (xogador do Celta), Vlado Gudelj (ex futbolista do Celta) ou Pilar Varelo e Sara Gómez (xogadoras do Celta Indepo).

A inscripción terase que facer con tempo, non haberá posibilidade de facela efectiva o mesmo día da proba. O precio será un euro máis caro que o ano pasado para “poder aumentar a axudas para a asociación”: serán 3 euros, agás nas categorías de Pitufos, Benxamíns e Alevíns, que poderán participar sen ter que facer o donativo.

También te puede interesar