Vigo al día

A historia de Vigo xa ten mando en praza

Estatua Silverio Rivas/Tresyuno ComunicaciónDecenas de nenos e nenas do colexio Josefa Alonso de Matamá retiraron a lona que cubría a nova escultura da Praza do Bicentenario, inaugurada hoxe, coincidindo cos docentos anos da real orde, asinada polo Rei Fernando VII, que transformaba a Vigo en cidade Leal, Fiel e sempre Valerosa.

A nova praza, localizada fronte á Praza do Rei, na confluencia de Blein Budiño, Venezuela e Camelias, incorpora sobre unha fonte a escultura de aceiro inoxidable ,”como eloxio á luminosidade da Ría“, obra de Silverio Rivas, de case sete metros de altitude e oito mil quilogramos de peso. Esta peza simboliza a torre e o olivo presentes na heráldica viguesa e incorpora en cada póla “o nome das 23 parroquias que conforman a cidade“, explicou o autor.

El alcalde y la corporación escuchan al escultor Silverio Rivas/Tresyuno Comunicación“Esta incorporación cumpre unha dobre función”, asegurou Rivas. ”

Por unha banda simboliza o recoñecemento ao esforzo colectivo de toda a cidadanía na construcción de Vigo e, por outra, persegue que o texto calado nas diferentes láminas ou ramas que dan forma a esta Oliveira se aproxime ao efecto que produce a árbore no seu estado de floración, que como todos sabemos é delicado e sutil”.

O alcalde afirmou que “esta escultura simboliza de onde vimos, onde estamos e onde queremos ir“, pois introduce no seu concepto ocarácter” da cidadanía viguesa. Abel Caballero recoñeceu a “peza única” elaborada por Silverio Rivas para conmemorar o Bicentenario da Cidade de Vigo.

ZancudosA apertura simbólica desta nova praza foi amenizada antes e despois do descobremento da escultura polo grupo Troula, que trasladou o ambiente festivo e lúdico ao numeroso público asistente ao evento.

 

También te puede interesar