_agenda Agenda

Matalobos busca estrelas

matalobos

Caras novas. Da igual que vaian acompañando a un corpo alto ou baixo, mozo ou vello… Se queres probar sorte no mundo da televisión, a serie da TVG ‘Matalobos‘ busca a persoas de todos os perfís para colaborar como figurantes na nova tempada, que chegará ás pantallas no primeiro trimestre de 2011 con novos personaxes e moitas sorpresas.

A productora da serie, Voz Audiovisual, celebrará un gran cásting hoxe no polígono da Grela, en A Coruña (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas) para buscar novos veciños de Sardiñeira e traballar no clan máis famoso da Televisión de Galicia. Aínda que se busca xente con e esen experiencia, de todas as idades e complexións físicas, tamén se terá moi en conta a todos aqueles homes e mulleres de orixe ou trazos sudamericanos e a xente que practique artes marciais ou deportes de risco, incluidos os amantes dos deportes de motor.

Para presentarse non é necesario avisar antes, só pasar por alí o vindeiro martes e estar en situación de ser contratado. Se estás interesado pero non podes acudir á cita, envía os teus datos e fotos a [email protected].

También te puede interesar