RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Destacados

Os nosos universitarios pensan en verde

coche-hibridoDar a coñecer entre os estudantes o amplo abano de posibilidades que existen no sector das enerxías renovables, sobre todo nas melloras que se poden acadar no consumo empregando técnicas máis eficientes e menos contaminantes. A idea saíu dun grupo de alumnos da ETS de Enxeñeiros Industriais, que formaron este ano a asociación xuvenil Engranaxe para desenvolver vínculos entre Universidade de Vigo e empresas para levar a cabo accións ‘verdes’.

Nese ímpetu xurdiron as Xornadas sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética, que se desenvolverán ata o vindeiro 27 de outubro no campus vigués con máis de 350 inscritos e un ciclo de 14 conferencias nas que se tratará desde a procura de alternativas ao petróleo ata a eficiencia enerxética e a adaptación de vehículos ás novas enerxías. En como o movemento só se pode demostrar andando, a asociación adaptou un coche para que poida circular con aceite vexetal reciclado que estará exposto no exterior da escola xunto con outros dous híbridos de Toyota.

También te puede interesar