_agenda Agenda

Xoel López, a caravana americana e a fin de semana máis ‘cool’

Xoel-Lopez

Más de 20 artistas invitados subirán ao escenario do pabillón municipal das Travesas esta noite como elemento principal da Vigo Cool Night, co que a cidade pretende abrirse a novos mercados turísticos, como o da festa e o da noite. Será o concerto de Xoel López & La Caravana Americana (21:30 h), no que o galego estará xunto a artistas como Iván Ferreiro, Xosé Manuel Budiño, os arxentinos Pablo Dacal, Sebastián Rubín y Lisandro Aristimuño ou o luso Manuel Cruz.

Será o primeiro dun amplo programa de actividades que encherán Vigo durante toda a fin de semana. Mañá celebrarase unha macro Festa Retro en 21 locais da cidade, nas que haberá un 10 por cento de desconto, e o domingo será a quenda dadanza urbana. Tomando como exemplo a ampla repercusión da movida viguesa dos 80, que supuxo un pulo para Vigo, agora trata de levarse este tipo de turismo máis alá das nosas fronteiras.

También te puede interesar