_agenda Agenda

En Mosende as orellas perigan

mosende

Día e medio de festa. Así pasará a parroquia porriñesa de Mosende a fin de semana, que celebra mañá e pasado o seu primeiro serán popular e a sexta edición da Festa da Orella. As actividades comezarán con os máis pequenos como protagonistas, para os que se proxectará ás 18 horas unha película, que terminará cun contacontos. A partir das 20 horas repartiranse agasallos entre os pequechos e viño branco e tinto con castañas para os maiores.

Será a partires das 21 horas cando comece a festa coa actuación do grupo de gaitas da Asociación Cultural San Xurxo de Mosende. Logo, por orde de inscripción, participarán no serán popular as agrupacións de gaiteiros, cantareiros e pandereteiros que queiran amosar sobre o escenario o mellor que saben facer. A medianoite, degustación de balde de orella, chourizo, viño, chocolate e castañas.

O domingo será a quenda da VI Festa da Orella, que comezará ás 10 horas coa degustación deste plato típico da zona con viño novo a precios de crise. E durante toda a mañá o grupo de gaitas e o grupo de baile rexional da Asociación Cultural San Xurxo de Mosende amenizará a festa.

También te puede interesar