_agenda Agenda

Mozart e Beethoven chegan ao auditorio municipal

O conservatorio de Vigo enfróntase a unha dura proba: actuación dos profesores e alumnos que conforman a Orquestra 430 no auditorio municipal esta tarde (20:30 horas). Todo para ofertar un programa completo integrado polo Concerto en Do maior para Oboe e Orquestra KV 314 de Mozart e a Sinfonía Nº3 en Mi bemol maior, “Heroica”, de Beethoven. Tan só por 5 euros.

Creada no ano 2005 como Ensemble Vigo 430, partiu coa premisa de crear un núcleo de corda de calidade para xa a partir do 2008 abordar progresivamente o repertorio sinfónico. A orquestra está formada na súa maioría por músicos profesionais e complétase con moitos dos máis brillantes expoñentes da prolífica canteira musical de Vigo que cursa os seus últimos anos de carreira.

Na actualidade o seu elenco vai desde os 14 músicos da pequena orquestra de cámara necesaria para abordar o repertorio barroco ate os 43 que compoñen a formación sinfónica, segundo o repertorio a interpretar. O seu director artístico é Javier Escobar, mentres que Alejandro Garrido, un dos máis relevantes músicos mozos do país, é o seu director musical.

También te puede interesar