Galicia

A CIG denuncia que a Xunta gastará 4 millons en renovar licencias informáticas en troques de mercalas por moito menos

nueva_web_de_la_xuntaA CIG denuncia que o Goberno Feijóo aprobará nos vindeiros días a ey Rande adjudicación de software pechado da historia da Xunta. Nun comunicado sinala que, tal como se pode comprobar no Diario Oficial da Unión Europea do día 13 de outubro de 2010, o goberno do PP ten previsto adxudicar mais de catro millóns de euros en licenzas de software fechado para a Xunta na que será a maior adxudicación de software acometida pola Administración autonómica da que se ten constancia.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos que con esta macro-adxudicación o PP incumpre a promesa de implantar o software libre na Xunta. Así, en lugar de substituir os programas fechados polas alternativas libres equivalentes no mercado, non só se renovan as licenzas dos programas fechados xa existentes senón que mesmo acomete a compra de centos de novas licenzas“.

A central advierte, ademais, que este masivo gasto en licenzas non supón a compra en propriedade dos programas, senón que se trata en realidade dun “aluguer que permite utilizalos durante un prazo de tempo. Así, esgotado este prazo os programas son automáticamente desactivados, polo que a Xunta debe pagar novamente polos mesmos programas para evitar que a desactivación provoque a paralización dos servizos que deles dependen, como xa ten sucedido.

Por outra parte, a referida adxudicación consistiría no pago masivo de licenzas para un gran número de servidores que se atopan dispersos polas distintas Consellarías, “o que amosa claramente que os responsabeis tecnolóxicos do PP están sendo incapaces de unificar toda a informática da Xunta nun único departamento, un dos obxectivos marcados por Feijoo no inicio da legislatura.

O sindicato tacha a medida de “evidente despilfarro” xa que supón gastar catro millóns de euros en renovación de licenzas cando existen programas libres equivalentes no mercado que supoñen un claro aforro e que por ese motivo están a ser usados xa por outras outras administracións públicas tanto autonómicas como estatais.

También te puede interesar