Cultura Destacados

Un outlet xigante no Ifevi

stockaxe-2Stockaxe 2010 abre hoxe as súas portas por terceira vez. A Feira de Liquidacións de Stocks de Vigo estará composta por 80 firmas que, durante dous días, farán rebaixas das rebaixas. Será a edición con máis variedade de produtos: ademais da moda para todas as idades e o calzado, que conforman a meirande parte dos stands, este ano o Ifevi acollerá comercios dedicados ao mobiliario, á decoración, á perfumería, aos libros e ás revistas, á peletería, á óptica e mesmo á xoiería. Todos eles encherán os 2.000 metros cadrados cos que Stockaxe pretende superar os 25.000 visitantes rexistrados na cita del 2009.

Para facilitar as compras, a organización do evento optou de novo por ofrecer un horario moi amplo, de 10 a 21 horas, durante toda a fin de semana,  de tal xeito que todos os visitantes poidan encher os seus armarios e fogares en xeral de produtos de gran calidade e sempre a prezos moi baixos. Unha oportunidade única para facerse coas gangas pagando unha entrada simbólica de 1 euro para adultos; para os menores de 12 anos é de balde.

Para facilitar as compras, este ano ampliarase o servizo de gardería, tan demandado na pasada edición para poder acudir en familia. O Stockaxe máis cativo, por tanto estará reflectido nos inchables, os obradoiros (maquillaxe, globoflexia…) e os diferentes xogos a cargo de profesionais da educación infantil.

También te puede interesar