_agenda Agenda

O teatro é dos nenos

Botazz-&-TimoSe non tes moita idea de que poder facer hoxe para pasar a tarde, aquí tes tres ideas coas que entreter aos máis pequechos da casa ou coa que pasar unha tarde botando unhas gargalladas: triple sesión de teatro. Para os máis pequenos a función comeza ás 18 horas no auditorio municipal da man de ‘Violeta Coletas contra as salchicas ¡gulp!’. Unha obra de Títeres Trompicallo na que Violeta é a protagonista: a ela non lle gusta estudar, gústalle ver a tele; non lle gustan as acelgas, gústanlle as salchichas… aínda que un extraordinario suceso fará que cambie de opinión. Entrada: 5 euros adultos, 3 euros menores de 12 anos.

O seguinte punto no percorrido será a AVV San Xurxo de Saiáns (18:30 h). Alí estará Paprika Teatro con ‘Un día moi especial’. O dúo Os Pablos terá que facer o seu show musical fronte a un xurado que podería chegar a elixilos para participar nun gran festival. O público da palmas, canta e todo vai ben ata que de súpeto se presenta un gato que di saber como axudalos a saír dun inevitable fracaso. Entrada de balde.

Xa para os maiores, Atrezo Teatro chegará á AVV CD Santa Mariña de Cabral (19 h) con ‘Bágoas de noitebrega’. A obra reflicte en 105 minutos unha guerra, un enfrontamento entre dous bandos no que non hai regras, o fin xustifica os medios e todo é lícito para gañar. Aínda que non é unha guerra coma calquera outra: o campo de batalla é a familia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.