Comarcas Cultura

Os desperfectos do Bouza Brey gañan o concurso ‘Retratemos o noso centro’

Unha das fotos do reportaxe do Anpa Tea do Fermín Bouza Brey de Ponteareas.
Unha das fotos do reportaxe do Anpa Tea do Fermín Bouza Brey de Ponteareas.

Dazaseis fotos que non deixan lugar a dúbida: o centro necesita unha boa reforma. O Anpa Tea do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas acaba de gañar o primeiro premio do concurso de fotografía ‘Retratemos o noso centro, que organiza a Federación Provincial de Anpa de centros públicos de Pontevedra.

O centro lévase o primeiro premio na categoría de ‘En negativo’ cunha reportaxe fotográfica nas que se amosan todos os desperfectos que sufre o colexio, a maioría por abandono e desidia das administracións. “Queremos dar as grazas a todos aqueles que pola súa falta de vontade e absoluta indiferenza cos nenos fixeron posible este premio, concello, xefatura provincial de Educación e Xunta”, explican dende o centro.

Comparten podium na categoría negativa coa Anpa Nosa Señora das Dores e o Anpa os Valados, mentres que na categoría ‘En positivo’ os galardonados foron a Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Celso Emilio Ferreiro e o Anpa Agromar. A recollida de premios, o vindeiro 23 de outubro.

También te puede interesar