RGPD - Cookies
Galicia

Cogami festexa os seus 20 anos con máis de 1.000 amigos

cogamiCelebra cambio de década por todo o alto e rodeada de máis de mil persoas. A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade festexa os seus 20 anos de andaina cunha reunión o vindeiro 15 de outubro (19:30 horas) no Palacio de Congresos de Santiago á que non faltarán profesionais, representantes e usuarios das 51 entidades que  a conforman, así como representantes de todos os tecidos empresariais, políticos, culturais e sociais de Galicia.

E nada mellos que celebrar estes 20 anos coa posta en marcha da I Edición dos Premios Cogami, uns recoñecementos que intentan homenaxear publicamente a persoas, institucións, empresas ou entidades que colaboran en mellorar a calidade de vida dos discapacitados. O galardón será unha escultura inédita do artista Acisclo Manzano.

Haberá tres categorías: premio á institución pública ou privada, premio á responsabilidade social empresarial e premio á traxectoria persoal. Aínda que nesta ocasión tan especial daranse dous premios honoríficos cos que enxalzar o labor desenvolvido a favor de Cogami: un para a Xunta e outro para o fundador e presidente de Cogami durante 17 anos, Domingos Dosil.

También te puede interesar