RGPD - Cookies
Galicia

As Universidades pechan un presuposto de 2.000 millóns ata 2015

presupuestos-universidad

Os 2.000 millóns de euros que a Xunta repartirá ata 2015 entre as tres universidades galegas é «insuficiente». A comisión de financiamento delegada do Consello Galego de Universidades pechou hoxe o panel de indicadores do plan de financiación ante os tres vicerreitores económicos galegos. Unha cantidade que podería verse aumentada ao finalizar eses cinco anos segundo vaia evolucionando a crise.

Na reunión desta mañá pecháronse os 20 indicadores que marcarán o financiamento por resultados ou variables ata 2015, que quedan divididas en oito áreas que abranguen todas as necesidades das tres universidades galegas: docencia, adaptación das necesidades sociais, investigación, transferencias de tecnoloxía, proxección internacional, responsabilidade social, xestión e os campus de Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

As áreas con máis inversión serán as de investigación e docencia seguidas por transferencia de tecnoloxías e proxección internacional. O plan de financiamento, que podería estar pechado sobre o 8 de novembro, entrará en vigor en 2011.

También te puede interesar