Galicia Vigo al día

Vulcano, a un paso da salvación

vulcano-santi

É a esperanza que lles queda aos traballadores de Vulcano, que hoxe se reuniron co grupo municipal do BNG ao completo para ver en que situación se atopa o asteleiro e cales son as saídas, que pasan por conseguir os avais para os créditos cos que seguir comprando material para rematar a carga de traballo que ten o asteleiro, que onte non acadou un acordo para a venta da filial Juliana a Armón por 16 millóns de euros, polo que a planta viguesa terá que facer fronte ao pago dos acreedores.

O BNG levará iniciativas ao Congreso, Parlamento galego e concello ata conseguir o compromiso das administracións para que concedan un aval co que resolver a difícil situación pola que atravesa Vulcano, un asteleiro que rebaixou a súa débeda, como lle pedía o Pymar, con carga de traballo pero atado de pes e mans.

Os preto de 130 traballadores do asteleiro “non piden respaldo económico para prexubilacións ou para pechar, como fan outras empresas, senón para continuar a súa actividade”.

Reunión a tres bandas

Mentres, o vindeiro mércores a directiva do asteleiro, a Xunta e o Banco Popular reuniranse para valorar que precisa o asteleiro para poder continuar coa súa actividade tras o fracaso na venta da súa filial Juliana. Unha vez que se consiga o aval necesario terá que evaluarse a situación global de Vulcano tras ter que cargar coa débeda a acreedores da filial asturiana e que podería levalo a suspensión de pagos.

También te puede interesar