Galicia

Un banco de ADN para ‘fichar’ ás víctimas do franquismo

franquismo-guerra-civil

Un banco de datos cun censo de desaparecidos do franquismo e ADN dos seus familiares para poder identificalos. É o que pedirá no pleno do Parlamento galego o grupo socialista, unha proposición de lei coa que se busca cubrir as peculiaridades dunha guerra que en Galicia desencadenou unha continuada represión coa que intentar romper as bases políticas e sociais dos republicanos que se mantivo ao longo dos anos.

Unha rexión alonxada do fronte no que se multiplicaron fosas e enterros que agora comezan a saír á luz. O que se pide é que os familaires poidan recuperar ou identificar os restos das vítimas, así como ter información sobre o seu paradeiro. Propón un rexistro administrativo público que dependa da Xunta e crear mapas das zonas onde apareceron restos ou poden aparecer.

Poderían pedir a búsqueda dos desaparecidos tanto os seus familiares (parella ou similar) ata a Xunta, entidades locais ou sen ánio de lucro

También te puede interesar