Destacados Vigo al minuto

Paso a paso para loitar contra a fame

hambre-pobrezaErradicar a fame e a pobreza no mundo tamén pode facerse camiñando. O colectivo Iniciativa Solidaria polo 0,77 por cento ten preparada tres marchas solidarias para hoxe e para os vindeiros días 10 e 11 de outubro en distintas vilas galegas. Mañá será a quenda de Vigo, cunha marcha madrugadora: a 45 Marcha Solidaria saíu ás 8 da mañá da Praza do Rei.

Despois de percorrer a distancia entre Pontevedra e Redondela, o domingo a marcha sairá de Vigo para chegar a Nigrán ás 12 horas e a Baiona ás 14:15 horas aproximadamente. Xa o luns, a marcha número 46 sairá dende O Pino para chegar a Santiago de Compostela e intentar entrevistarse con responsables municipais e autonómicos.

Iniciativa Solidaria comezou o seu particular camiño en decembro de 2005 con motivo da conmemoración do Día dos Dereitos Humanos. O remate en Santiago supón o fin a un percorrido de máis de 1.100 quilómetros a pé despois de 11 meses de itinerancia por España.

También te puede interesar