_agenda Agenda

Co amor tamén se poden facer negocios

teatro-silicon-valley2

O III Ciclo de teatro afeccionado chega esta tarde (20 h) ao complexo parroquial Cristo da Victoria de Coia con ‘Silicon Valley’, de Xosé Pradaeste, a cargo do grupo Tiruleque, unha comedia-farse na que os protagonistas son unha sinxela parella de noivos aos que os pais non deixan en paz, Menchu e Fito.

Menchu intenta convencer ao seu pai Pedro, novo rico, que non se opoña a súa relación, pero Pedro está convencido de que Fito só quere casar coa súa filla para facerse cos cartos. Os rapaces buscan a intermediación de Santiago, o pai de Fito, pero só consiguen que os dous proxenitores acaben discutindo.

O problema é cando Pedro necesita que Santiago lle venda unha viña no Ribeiro para un negocio que intenta pechar cuns americanos. Fito ten que intervir no canto de seus pais por necesidades legais, pero cunha condición: que Pedro acepte a súa relación con Menchu… O final ten sorpresa… Mellor velo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.