Cultura Vigo al día

A Xunta ordenou o día 30 , por fax, a paralización da Rotonda do Bicentenario

 

 

Maqueta da Estatua do Bicentenario que se colocará no cruce de Celso emilio Ferreiro con Camelias e Venezuela
Maqueta da Estatua do Bicentenario que se colocará no cruce de Celso emilio Ferreiro con Camelias e Venezuela

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, remitiu ao Concello de Vigo a resolución na que se ordea a interrupción inmediata das obras de construción da rotonda situada no cruce das rúas Venezuela, Camelias e Marqués de Alcedo por incumprir a realización do control arqueolóxico

O escrito, con data 29 de outono e remitido polos técnicos do departamento territorial da Consellería de Cultura e Turismo, foi enviado por fax e mediante correo ordinario á Concellería de Patrimonio Histórico o día 30 de setembro ás 10.35 horas, tendo confirmación da súa recepción ás 10:36 horas, unha vez que os técnicos da Xunta constataran, tras unha visita á zona o día 24 de setembro, que os traballos de construción da rotonda non contaban co correspondente control arqueolóxico. 

As obras de construción da rotonda forman parte do proxecto de instalación da rede separativa de pluviais, renovación das redes de abastecemento, saneamento, mellora da eficiencia lumínica e mellora da seguridade vial no contorno da rúa Celso Emilio Ferreiro dentro do programa Fondo Estatal para o Emprego e Sostibilidade Local. Dito proxecto obtivo autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con data 21 de abril de 2010, pero condicionado á realización dun control arqueolóxico das obras de movementos de terras por situarse na área exterior ou contorno de protección do xacemento arqueolóxico do Castro de Vigo.

Hoxe o alcalde asegurou que, “as 11:56 minutos” non recibira notificación algunha por parte da Xunta e que a mesma “non entrou por rexistro que é o canle para a comunicación destas decisións polo cal asegurou que non se paralizarán os traballos xa que non tería sentido facelo “sen a devandita notificación a obra seguirá adiante , non paralizaremos nada xa que non hai motivo para elo”, subliñou Caballero.

 

vigoalminuto poido constatar que si ven a arqueóloga encargada do mesmo, María Jesús Iglesias Darriba e outros membros do seu equipo inspeccionaron a zona, a día de hoxe non está rematado o correspondente informe necesario para o inicio dos traballos.

 

También te puede interesar