Deportes

O Seis do Nadal, campión da I Mini Copa Galicia de baloncesto

Un atractivo partido co campión e subcampión da Liga FGB como protagonistas. Os equipos infantís masculinos do Club Baloncesto Seis do Nadal e do Cidade de Lugo disputaron esta fin de semana a I Mini Copa Galicia-Caixa Galicia en Lalín, partido que precedeu á final da Copa Galicia Sénior Masculina e que rematou co trofeo en mans dos vigueses.

Adestrado por Carlos Rodríguez, o Seis do Nadal impúxose por un contundente 16-60, un gran resultado co que enfrontar o Torneo de Apertura da Liga FGB Infantil Masculina que dará comezo a próxima fin de semana e que enfrontará aos vigueses co BCA en A Coruña o vindeiro sábado.

Como broche final, a Copa Galicia Sénior Masculina entre o Obradoiro CAB e Aguas de Sousas Ourense. O triunfo, pelexado por ambos equipos, decantouse a favor do Obradoiro que saíu á cancha dende o primeiro momento moi afinado en defensa e moi acertado en ataque. Sempre por enriba no marcador, o equipo santiagués acabou impoñendo o seu criterio para facerse coa primeira Copa Galicia da súa historia  por un 72-61.

También te puede interesar