Vigo al minuto

O luns apróbase a subida da contribución o lixo ou os cemiterios

impuestosSuben os impostos e taxas municipáis. O Pleno do Concello do luns aprobará a subida do 1,5% , cara a 2011, da taxa reguladora do imposto sobre bens inmobles, imposto sobre vehículos de tracción mecánica, sobre actividades económicas, das taxas polos documentos que expida ou de que entenda a administración do Concello ou a dos seus organismos autónomos a instancia de parte.as taxas relativas ó servizo de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles lixeiros de aluguer con condutor (autotaxis e vehículos especiais ou de aboamento).

Asimesmo, suben as taxas polos servizos especiais por espectáculos e transportes as de prestación de servizos de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas de construcións, salvamentos e outros análogos e prestación dos servizos dos cemiterios municipais.

Aos devanditos incrementos engádense as taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos, recollida do lixo, prestación dos servizos de retirada, transporte e custodia de instalacións, elementos e xéneros relativo ao exercicio de calquera actividade ou comercio na vía pública, prestación de servizos de inspección sanitaria e os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza.

A elas súmanse as subidas pola instalación de postos de venda na vía pública, licenzas para construcións, obras e instalacións tramitadas pola Xerencia Municipal de Urbanismo así como pola administración do Concello e as entradas ao Vigo-Zoo e Verbum, ximnasios e pistas de deporte e polo saneamiento e depuración de augas residuais.

También te puede interesar