_agenda Agenda

Quen sae ganando co este crack económico?

Ese será o punto de partida para charla que esta tarde (20 horas) se celebrará na Escola Popular Galega (rúa Real, 12). Baixo o título ‘A crise: quen se beneficia e a quen benefician as políticas para erradicala?’, as asociacións GAS, ODS-Coia e Verdegaia preparan unha conferencia na que estará presente Francisco Ferrer, membro do Seminario Taifa de Economía Crítica de Barcelona.

A unha semana escasa da folga xeral, crearase un debate baseado na idea de que a debilidade da economía local está servindo para asentar o poder dos grandes capitais e que o alto nivel de paro e a precariedade permiten ao sistema afondar na reforma do mercado de traballo, recortar as pensións e as coberturas sociais e lanzar políticas económicas orientadas a rescatar aos máis ricos en lugar de garantir o benestar dos cidadáns.

También te puede interesar