Deportes Vigo al minuto

O quilómetro de pista forestal de Castrelos, agora sinalizado

Era unha vella demanda dos centenares de atletas que cada día usan o circuíto de Castrelos para correr. Un pulmón de pouco máis dun quilómetro no centro da cidade que deportistas federados e afeccionados utilizan para estar en forma e que agora está sinalizado con postes cada 100 metros, o que permite ter referencias de tempo moi exactas durante os adestramentos. Nos vindeiros días situarase ademais á altura da primeira das dez balizas un cartel indicador co mapa deste circuíto popular.

También te puede interesar