Deportes

Galicia, no Open británico de taekwondo

Fani Hernández participará no Open.
Fani Hernández participará no Open.

Reunirá a algúns dos mellores taekwondistas do mundo e, por suposto, o equipo galego non podía faltar. Galicia estará presente no III OPen Británico de Taekwondo Clase A, que se celebrará en Manchester esta fin de semana e que supón a apertura do calendario internacional.

O equipo galego partíu hoxe dende Porto dirección a Liverpool, dende onde se desprazará en autobús ata Manchester para disputar un torneo que outorga puntos para o ranking mundial, o dobre que o Open de España e os mesmos que o Campionato do Mundo Universitario.

Baixo as ordes de Miguel Patiño e Juan Luis Martínez, partiron cara o Reino Unido Pablo Carou, Juan Fernández, Borja Ríos, José Antonio Carregal, David Vidal, Ángel Parada, Raul Bouzas, Fernando Rascado, Javier Sieira, Laura Lorenzo, Andrea Rica, Katia Calvar, Jessica Otero, Estefanía Hernández, Lúa Piñeiro e Carla Balado.

También te puede interesar