_agenda Agenda

Osama ou como vivir nun mundo dominado polos homes

O peor de todo é que non é ficción. A medio camiño entre documental e película chega esta tarde ao videofórum da Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos ‘Osama’, un filme de Siddiq Barmak que constitúe un retrato fiel dunha sociedade e do seu modo de vida.

A película, que se proxectará no Centro de Documentación Feminista (18 horas) en versión orixinal subtitulada, conta a historia dunha familia afgá composta por tres mulleres (avoa, nai e neta) que non teñen como sobrevivir tras a chegada dos talibáns ao poder, xa que as mulleres non poder saír á rúa se non están acompañadas por un home nin se lles permite traballar fóra da casa. A solución: cortarlle o pelo á nena para que se faga pasar por un rapaz e poder buscar traballo. Iso a sabendas de que, se a descobren, o castigo será a morte.

O filme tivo unha grande aceptación en Occidente, acadando importantes premios de gran prestixio, coma o Globo de Ouro á mellor película estranxeira o ano pasado.

También te puede interesar