Comarcas Galicia

Sobreseído o caso contra o director do IGVS pola Plisan

Unha das pancartas para protestar polas expropiacións.
Unha das pancartas para protestar polas expropiacións.

Un xulgado de Santiago acaba de anunciar o sobreseimento libre de causa da denuncia presentada pola Asociación de Afectados da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) contra Antonio José Boné, director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, pola suposta prevaricación nunha carta remitida aos expropiados en relación co cobro dos dereitos mineiros.

O auto da xuíza encargada do caso recolle que “non existe nen xamais foi aprobado un convenio entre o IGVS e Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo en relación co abono das indemnizacións ás que teñen dereito os afectados pola expropiación forzosa para a execución da Plisan”. Considera a publicación do Decreto por parte da Xunta como un paso imprescindible para a sinatura dun convenio que para ser firmado tiña que autorizarse a través do Ministerio de Fomento.

También te puede interesar