Vigo al minuto

Ducias de identificados tras unha protesta pola reforma laboral en Vigo

Un momento da protesta en Vigo.
Un momento da protesta en Vigo.

A folga xeral comeza a quentar motores coa mocidade saíndo ás rúas a protestar. Centenares de mozos concentráronse esta mañá diante de empresas de traballo temporal nas 7 principais cidades de Galicia para denunciar a precarización que supón a reforma laboral no sector da mocidade, a xeneralización das actuaccións das ETTs e a legalización das axencias de colocación con ánimo de lucro que impulsa a normativa.

Os mozos concentráronse diante de Manpower, Laborman e Ader para protestar por unha modalidade de contratación da mocidade “que se traduce en falta de inversión na formación dos traballadores, unha maior inestabilidade, o aumento da siniestralidade, inferiores retribución, dobre somentemento á patronal e exención das empresas das cotizacións á Seguridade Social. Agora os rapaces poden ser contratados para formación ata os 24 anos, tres máis do que ata agora, elimina os custes de formación nas empresas con menos de 50 persoas cobrando o salario mínimo interprofesional o primeiro ano e garantindo a mesma cuantía no segundo.

A mocidade é o colectivo que máis sufre a temporalidade na contratación, xa que o 70 por cento dos contratos neste sector non superan os tres meses; teñen os salarios máis baixos (ata un 36% menores) e tasas de desemprego por riba do 30 por cento. E durante esta protesta varios axentes da policía nacional identificou a ducias dos rapaces tras a concentración na rúa Romil, cando xa se encontraban á altura do Concello.

También te puede interesar