Comarcas

O Bouza Brey de Ponteareas comeza o curso a buratazo limpo

Unha das manifestacións convocadas polos pais dos alumnos.
Unha das manifestacións convocadas polos pais dos alumnos.

O curso comeza con baches no CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas. As pistas de deporte do colexio están pechadas cun precinto debido aos buratos e fendiduras que poderían provocar que os rapaces da escola se romperan unha perna ao xogar enriba. Todo a pesar de que antes de acabar o curso estaban en perfecto estado.

As pistas e as instalacións exteriores do centro foron explotadas como aparcadoiro público durante as Festas do Cristo a pesar da prohibición de usar a escola con fins lucrativos do centro de da Consellería de Educación.

Os coches puideron aparcar durante máis de 24 horas, previo pago de 2 euros. O parcheado das pistas comezou xa co curso arrancado.

También te puede interesar