RGPD - Cookies
Galicia

O Sindicato Galego de Xornalistas súmase á concentración de Vigo en solidaridade cos traballadores de A Nosa Terra

a-nosa-terraO Sindicato de Xornalistas de Galicia sumarase mañá en Vigo (19:00 h. Rúa do Príncipe) á concentración convocada pola Central Intersindical Galega (CIG) en solidaridade cos traballadores de A Nosa Terra que ven de pechar a sua edición en papel logo de presentar un Expediente de Regulamento de Emprego (ERE). O SXG denuncia que «o Grupo San José queré botar á rúa a 28 traballadores sen pagarlles a indemnización legal nen os dous meses de traballo que se lles adebedan».
 
O Xoves Margarida Ledo, Xosé Ramón Pousa, Antón Galocha, Xosé López, Marita Otero, Lois Celeiro, Pepe Barro e Fernando Belas, xornalistas que refrotaron ‘A Nosa Terra’ hai 33 anos, fixeron público un comunicado no cal reclaman a pervivencia desta «cabeceira histórica«, que está nunha comprometidísima situación financiera que obrigou aos seus editores a presentar un expedente de regulamento de emprego (ERE) hai varias semanas.
«Trátase non só dun medio que empregou a lingua galega e empuñó a defensa do idioma propio para cubrir un espazo na oferta informativa galega, o que converteuno na principal canle de expresión dos intelectuais galeguistas durante case un século, senón que, á marxe da liña concreta que seguiu en cada momento, representa unha forma de entender o periodismo comprometido co país, cunha visión crítica e aberta ao debate”, engaden no seu escrito.

También te puede interesar